Aviso legal e privacidade
Quen fai esta web, de quen son os contidos e que pasa cos recordos, as fotos e os vídeos que mandas. Actualizado o 10 de outubro de 2026.
Aviso legal
Quen fai esta web
Nocedo de Ribeira é un proxecto persoal e sen ánimo de lucro de Juan Barreiro Cuquejo. Non ten publicidade nin vende nada. Contacto: recordos@nocedoderibeira.com.
De quen son os contidos
Os textos, o deseño e as recreacións son deste proxecto. Os documentos e as fotos de arquivo son dos seus arquivos e autores: cada un leva a súa fonte e a súa licenza en «Todas as fontes», ao pé da historia. Os recordos son de quen os escribe. Quen manda un recordo, unha foto ou un vídeo declara que ten dereito a compartilos e responde diso; se algo publicado é teu ou che afecta, escribe e retírase de inmediato.
As recreacións con IA
As imaxes marcadas «Recreación con IA» imaxinan como puido ser algo do que non queda foto. Non son fotos reais nin documentos.
Se atopas un erro
A historia cóntase só con fontes certificadas, e o que é deducido dise. Se ves un erro, ou algo teu que non debería estar aquí, escribe a recordos@nocedoderibeira.com e corríxese.
Privacidade dos recordos
Quen garda os teus datos
Juan Barreiro Cuquejo, autor deste proxecto sen ánimo de lucro, é o responsable. Para calquera cousa: recordos@nocedoderibeira.com.
Que datos e para que
Só o que escribes no formulario: o teu nome (ou as iniciais), que te une a Nocedo, o recordo (escrito ou gravado coa túa voz), a época, as fotos e os vídeos, a casa se a escolliches e, se queres, o teu correo. Serven para preparar a Edición 02 e publicala no muro da memoria. O correo só se usa para avisarche de que chegou o teu recordo e de cando se publica, ou para preguntarche algo sobre el.
Por que se poden gardar
Porque ti o consentes ao marcar a casiña e, se gravas a túa voz, ao escoller se se oe na web (artigo 6.1.a do Regulamento Xeral de Protección de Datos). Podes retirar o permiso cando queiras e retirarase o teu recordo.
Que se publica
Nada sae publicado sen que unha persoa o revise antes. Despois, no muro vense o nome que escribiches, que te une a Nocedo, a época, o recordo, as fotos e os vídeos. Se gravaches a túa voz, pásase a texto e só se oe na web se ti o escolliches. O correo non se publica nunca. As fotos gárdanse sen os datos internos do móbil, como o lugar onde se fixeron, e os vídeos perden no teu móbil, antes de saír, o lugar onde se gravaron.
As persoas que saen nos recordos
Manda só fotos e vídeos teus ou con permiso de quen sae neles ou da súa familia. Se saes nunha foto, nun vídeo ou nun recordo, ou é dun familiar teu, e queres que se retire, escribe e retirámolo.
Idade
Tes que ter 14 anos ou máis (artigo 7 da Lei Orgánica 3/2018). Se tes menos, que o mande a túa nai, o teu pai ou quen te titore.
Onde se gardan e quen os ve
Nunha base de datos de Cloudflare dentro da Unión Europea (e os vídeos, no seu almacén R2, tamén na Unión Europea). Cloudflare só os garda por nós, cun contrato de protección de datos; os dous avisos por correo mándaos Resend desde servidores en Irlanda, tamén con contrato. Para pasar a voz a texto úsase o servizo de intelixencia artificial de Cloudflare (Workers AI), co mesmo contrato, e a gravación non se usa para adestrar nada. Non se lle dan a ninguén máis nin se usan para publicidade. Para frear abusos gárdase durante 2 días unha pegada cifrada do enderezo de internet desde o que escribes, e despois bórrase.
Canto tempo
Os recordos publicados, mentres exista a web ou ata que pidas retiralos. Os que non se publican bórranse nun prazo máximo de 12 meses. Se non queres que se oia a túa voz, a gravación bórrase cando o texto estea revisado e publicado.
Os teus dereitos
Podes pedir ver, corrixir ou borrar os teus datos, opoñerte, limitar o seu uso ou levalos contigo: escribe a recordos@nocedoderibeira.com. Se cres que non se respectaron, podes reclamar á Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es).
Cookies
Esta web non usa cookies nin nada que te siga. Só garda no teu propio navegador o idioma que escolliches, se queres a letra grande e o borrador do formulario, para que non perdas o que escribiches. Iso non sae do teu dispositivo.